2 dic. 2016

XORNADA DE PRESENTACIÓN SMART PEME NO CONCELLO DE CANGAS

Bos días emprendedor@s!!

Queremos agradecer a vosa presencia na xornada de presentación do servizo SMART PEME da Deputación de Pontevedra no Concello de Cangas realizada o pasado 29 de novembro.



“SMART PEME” é un servizo de asesoramento gratuíto a emprendedores, autónomos e pequenas empresas especializado no uso e aplicación das TIC no eido empresarial, baseado nas seguintes accións:

  • Impartición de obradoiros formativos temáticos referentes ó uso das TICs e a implantación do comercio electrónico entre as pequenas empresas.
  • Eventos de networking trimestrais, coa participación de profesionais de prestixio.

  • Asesoramento especializado en función das necesidades TIC co obxecto de aumentar a productividade e a competitividade das empresas.
 As súa operativa o constitúe nunha ferramenta de planificación moi valiosa, emprendedor@s, á hora de analizar a viabilidade técnica dun proxecto de negocio.

As oficinas Smart Peme máis cercanas a Cangas están ubicadas  en Vigo ( na Rúa Oporto nº3), e en Pontevedra (no edificio da Deputación de Pontevedra), e no enlace que achegamos poderedes obter información precisa de como beneficiarse dos seu servizos:

www.smartpeme.depo.es

Dende o noso departamento vos emprazamos a que lle saquedes o máximo partido, emprendedor@s!

Saúdos,





22 feb. 2016

XORNADA COOPERATIVISMO NO SECTOR DO ECOLÓXICO, 25 DE FEBREIRO EN PONTEVEDRA



Bo día,

O vindeiro 25 de febreiro a Federación de Cooperativas SINERXIA vai organizar unha xornada, de carácter gratuíto previa inscripción obrigatoria, sobre:

"O COOPERATIVISMO NO SECTOR DO ECOLÓXICO"

Realizarase nas instalacións da Federación de Cooperativas SINERXIA. Situada na Rúa Fernández Villaverde 4, 1º Oficina 3-4 – PONTEVEDRA, en horario de 10 a 14 horas.

DESTINATARIAS: Persoas interesadas no sector ecolóxico (producción, comercialización e/ ou servizos), colectivos e redes relacionadas con el. Sen prexuízo do anterior, darase cabida a demandantes de emprego con inquedanzas neste sector.

Ver programa no cartaz adxunto.


 Máis información e inscrición no teléfno:

inscrición
(Tfno 986 896526 ou e-mail sinerxia@sinerxia.org)

Para calquera aclaración, non dubidedes en contactar con nós:
  
Un saúdo

CURSO PARA CREACIÓN DE COOPERATIVAS DE ENSINO EN MOAÑA



Bos días,


 A  UCETAG, en colaboración co Concello de Moaña, vai impartir  a acción formativa gratuíta  “Cooperativas de Ensino: unha alternativa de emprego” no Patronato Beiramar (Lugar a Charrasqueira s/n, Tirán, Moaña) de 20 horas de duración, que consideramos pode ser do voso interese.

Trátase dunha formación presencial, con 20 horas aproximadas de formación, do 14 ó 17 de marzo, en horario de 09:00 a 14:00 horas de asistencia obrigatoria.


Está dirixido a profesionais da educación, que precisen un emprego no ámbito da educación ou que estén pensando en emprender e necesiten coñecer cómo facelo baixo a fórmula da cooperativa de ensino.


As inscricións realizaranse a través do teléfono 986866149 ou no correo electrónico teresa@ucetag.org




Estamos á vosa disposición para aclarar calqueira dúbida ó respecto.


Saúdos!

15 feb. 2016

CURSO ASAMBLEAS E REUNIÓNS


Bos días amigos!!

A  UCETAG, en colaboración co Concello de Cangas, vai impartir  a acción formativa gratuíta  “Asembleas e Reunións” no centro formativo do Concello (Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, situado na Avda. de Bueu nº15- Entrechán), de 30 horas de duración, que consideramos pode ser do voso interese.

Trátase dunha formación mixta, con 24 horas aproximadas de formación on-line (do 1 de marzo ó 15 de abril), e dúas sesións presenciais os días 8 de marzo e 12 de abril en horario de 17 a 20 horas, ámbalas dúas de asistencia obrigatoria.

Está dirixido a persoas interesadas no mundo do cooperativismo, asociacionismo, e en xeral a todas aquelas que queiran mellorar as súas reunións.

As inscricións realizaranse no seguinte formulario online, antes do 22 de febreiro:
 
Entregarase diploma acreditativo.




Estamos á vosa disposición para aclarar calqueira dúbida ó respecto.
 Saúdos!

16 dic. 2015

ENQUISA XORNADAS AGROECOLOXÍA


Á finalización de cada xornada repartiuse un cuestionario de avaliación anónimo e  voluntario ás persoas participantes, co obxecto de avaliar distintos aspectos e extraer medidas de mellora para seguir traballando neste ámbito. Recolléronse un total de 114 enquisas:     
26 de novembro: 40 enquisas.
1 de decembro: 34 enquisas.
3 de decembro: 23 enquisas.
10 de decembro: 17 enquisas.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
A continuación reproducimos gráficamente as conclusións extraídas das mesmas.

Pregunta 1:Os contidos desenvolvidos hoxe resultaron útiles e se adaptaron ás miñas expectativas
Pregunta 2: "A tipoloxía da formación (xornada participativa) foi axeitada para a consecución dos meus obxectivos"
Pregunta 3: "As instalacións físicas foron axeitadas para o desenvolvemento da actividade"
Pregunta 4: "En xeral, a miña satisfacción respecto ó desenvolvemento da actividade é boa"
Pregunta 5: "Recomendaría a outras persoas realizar esta actividade"
Pregunta 6: "Cómo te enteraches destas actividades?"
Pregunta 7: "Incluirías outro contidos relacionados coa temática NATURALMENTE CANGAS?" 
Pregunta 8: "Qué outras accións sería interesante realizar en relación co proxecto?" 
 Pregunta 9: "O que se debería mellorar é..." 
 

15 dic. 2015

Xornadas de Agroecoloxía 10 de decembro


10 DE DECEMBRO: PRODUCIÓN LOCAL DE ALIMENTOS E INTEGRACIÓN SOCIAL.

TERRA PARA VIVIR - IDEAS PARA CONSTRUÍR - CANGAS SUSTENTABLE

O xoves, 10 de decembro de 2015 tivemos a sorte de contar cos seguintes participantes:

Alborada Consiste nunha Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga para a prevención, o tratamento e a inserción das persoas consumidoras de drogas, desenvolve o Programa Verdear fomentando a agricultura ecolóxica en Vigo con usuarios dos centros. Sitúase nos montes de Cabral (Vigo) e ten como obxectivo principal mellorar o acceso ó emprego.

Ultra_Alimento Iniciativa formada por un ultramarinos situado na praza de abastos de Lalín que aposta pola transformación social e a integración. Pretende a interacción social, presta unha atención personalizada, comparte vivencias e costumes relacionadas coa horta e establece alternativas de consumo. Ademáis ofrece charlas en colexios e asociacións interesadas co produto local.

Asociacion DOA: “O Juerto”. Esta experiencia parte da Asociación DOA de Saúde Mental co obxectivo de insertar no mundo socio laboral ós usuarios a través dun entorno coñecido como é a agricultura. Tamén traballan para lograr o máximo punto de autonomía dos usuarios.
Os produtos e as actividades atópanse relacionadas entre sí, contribuíndo ó reforzo positivo do seu esforzo no traballo. Esta iniciativa pon en valor a agricultura ecolóxica e tradicional.

Damos por rematadas as xornadas,vémonos nas próximas sesións

Un saúdo!!

7 dic. 2015

Xornadas de agroecoloxía 3 de decembro



3 DE DECEMBRO: XESTIÓN COLECTIVA DE RECURSOS LOCAIS e XESTIÓN LOCAL DE RECURSOS COLECTIVOS

SUMAMOS ESFORZOS - COMPARTIMOS DECISIÓNS – OBTEMOS DESENVOLVEMENTO

O xoves 3 de decembro contamos coa participación das seguintes iniciativas:

Monte Cabalar Trátase dunha cooperativa de explotación comunitaria con máis de 1000 propietarios e conta chunha extensión de 700 hectáreas de monte no Concello da Estrada. Os seus principais obxectivos son loitar contra o lume e revalorizar o monte.
CMVMC Couso. Comunidade de Montes do Concello de Gondomar que conta con iniciativas de dinamización como é a producción Shii-take, o seu proxecto estrela.
Máis que Románico. Proxecto que se sitúa en Sober (Lugo) nos que os guías turísticos deseñan distintas rutas para coñecer o patrimonio que se esconde na Ribeira Sacra. Ademáis de iniciativas como xornadas e cursos.
Escapadas Rías Baixas. Trátase dun proxecto que comeza no 2009 pero, a partir do 2011 convértese en realidade grazas á empresa Aristóteles Gestión e Turismo SL, coa intención de colaborar cos negocios e fomentar os destinos turísticos a través da rede. 


2 dic. 2015

Xornadas de Agroecoloxía 1 de decembro



QUÉ COMEMOS E DE ÓNDE O TRAEMOS
+ CALIDADE DE ALIMENTOS - EMISIÓNS DE CO2 = COMEMOS CANGAS







O pasado martes, 1 de decembro tivemos a sorte de contar coas seguintes iniciativas invitadas:
Mercado de Alimento Labrego. É unha iniciativa que xurde por parte do Concello de Teo; un mercado no que, unha vez á semana, é o punto de encontro entre produtores e consumidores.
Potencia o consumo de produto local e fomenta o comercio de proximidade.
Grupo de Consumo Semente. É un colectivo de Oursense que buscan que os produtos que mercan sexan saludables e respetuosos co entorno, contribuíndo a manter vivo o comercio rural forxando relacións de confianza entre o vendedor e o comprador.
Nutre En Bio. Cooperativa adicada ó cultivo de produtos de agricultura ecolóxica, que comercializa con produtos frescos de horta, cunha venta directa e entrega a domicilio.
Papirrubios da Granxa. Grupo autoxestionado de consumo responsable, que comeza a funcionar no ano 2013. Ten os seus pilares no traballo compartido e na colaboración entre ambos.


29 nov. 2015

Xornadas de Agroecoloxía 26 de Novembro


Bos días amigos!!

TERRAS SEN USO, RECURSO PARA UN NOVO CURSO
VELLAS TERRAS PARA UN NOVO CURSO DAS COUSAS

O pasado xoves, 26 de novembro tivemos como participantes a diferentes entidades que nos mostraron as súas vivencias, como son:

ADR Mariñas-Betanzos. Trátase dunha Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos que desenvolve o Plan Alimentario dentro do cal se están implementando unha Bolsa de Terra e iniciativas de fomento da producción e consumo local.

Amigos da Terra. É unha entidade ecoloxista que expón iniciativas que desenvolve a través de proxectos de hortas comunitarias, sempre tendo en conta a educación ambiental e a concienciación cidadá.

Verxel de Coiro. É unha iniciativa local de Cangas que se basea nos produtos de horta agroecolóxica, sostible e que respeta o medio ambiente.


19 nov. 2015

Difusión Xornadas Naturalmente Cangas: agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local



Bos días emprendedores/as!!
A agricultura ecolóxica e o consumo responsable son conceptos en alza nunha sociedade que valora cada vez máis o séu carácter de actividade respectuosa co medio ambiente e coa saúde das persoas. Esta demanda crecente por parte dos consumidores supón unha oportunidade para as pequenas explotacións agrarias e negocios complementarios, favorecendo o mantemento de formas de vida dignas e sostibles no medio rural.
Por esta razón o Concello de Cangas, consciente dos seus recursos naturais e humanos nalgúns casos pouco aproveitados, con terras de cultivo sen uso que requiren de iniciativas mobilizadoras impulsa estas Xornadas: NATURALMENTE CANGAS: AGROECOLOXÍA, CONSUMO RESPONSABLE E DESENVOLVEMENTO LOCAL, co obxecto de dar difusión a experiencias de aproveitamento de recursos locais, e outras  que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas.

TRÍPTICO:



 CARTAZ:

Os obxetivos principais son:
-         Crear un espazo de reflexión e participación cidadán entorno ó aproveitamento dos recursos locais.
-         Difusión de iniciativas innovadoras no campo da agroecoloxía, a integración social e a valorización patrimonial.
-         Fomento de novas oportunidades laborais a partir de recursos endóxenos.
-         Mellorar a calidade de vida dos veciñ@s.
-         Creación de redes de traballo.

Estructurouse en catro sesións, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Queremos darlle difusión, para que si o considerades oportuno, asistades e asemade compartades o contido das mesmas cos vosos contactos.
A inscripción non é obrigatoria, pero facilitaría a nosa labor debido ás limitacións de aforo do lugar onde se realizan: O Salón de Plenos do Concello de Cangas. 
Agardamos a vosa presenza.

Saúdos!!

17 jun. 2014

Emprendendo en comercio electrónico con éxito, coa colaboración de Infinitum Ecomerce e Corvus Belli



Bos días amig@s!!

 O pasado mércores 11 de xuño de 2014 celebrouse na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho o obradoiro de “Emprendendo en comercio electrónico con éxito” que contou coa colaboración de Mari Carmen Fernández de Infinitum Ecomerce , empresa local adicada ó asesoramento en comercio electrónico, así como de Alberto Aval, de Corvus Belli , iniciativa adicada á creación de miniaturas para xogos de rol, con grande expansión internacional.


Mari Carmen falounos dos factores a ter en conta á hora de planificar a difusión da nosa empresa en internet, aspecto previo ó deseño da nosa tenda on-line.

Así, explicounos os pilares dunha tenda on-line, e as estratexias máis axeitadas a seguir tendo en conta as características dos nosos productos/servizos.

Pola súa banda, Alberto, contounos a súa experiencia emprendedora na empresa Corvus Belli, que cunha andaina de casi 14 anos vendendo maioritariamente en internet en diversos países, conta con máis de 50 traballadores/as e se atopa nun proceso de expansión na actualidade.


Nos vemos nas vindeiras edicións do aula do emprendedor!!

Un saúdo!!